Segunda sesión dos Venres ao Vento, 6 de novembro. A enerxía eólica desde a perspectiva dos emprendedores: Galicia e Portugal.
28 Outubro, 2020
Autor: OEGA
0 Comentarios
O Seminario avanza Venres a Venres. E aquí temos a segunda sesión. O venres 6 de novembro ocuparemos os nosos esforzos a entender a dinámica empresarial vinculada co sector eólico en Portugal e en Galicia.
Neste sentido, participará José Miguel Oliveira, Diretor de Projeto da Empresa Empreendimentos Eólicos do Vale do Minho. Esta entidade desenvolveu numerosa potencia no ámbito do Alto Minho portugués.
Tamén contaremos cun representante da Asociación Eólica de Galicia, a asociación que engloba aos promotores eólicos en Galicia. Está pendente a confirmación da persoa que vai ser parte da mesa.
Nesta sesión tentaremos dialogar sobre as dificultades existentes e os mecanismos de apoio que favorecen e favoreceron o desenvolvemento eólico. Tamén se tratarán os principais desafíos que enfrontan os emprendedores, tecnolóxicos como o repotenciamento, xurídicos como o marco normativo, etc. Interesa tamén debater sobre o papel da enerxía eólica no desenvolvemento local, segundo a perspectiva empresarial. Finalmente, a relación entre o desenvolvemento tecnolóxico e empresarial cos procesos de formación profesional e educativa tamén son do noso interese.
Se queres ser parte deste Seminario, que se desenvolverá online, debes rexistrarte. Para iso podes usar estes enlaces, para facelo en español, ou en galego.