Desde Galicia diferentes actores sociais, económicos e políticos levan reclamando desde fai algún tempo o establecemento dunha tarifa eléctrica diferenciada. A súa xustificación pivota sobre distintos elementos como a consideración das súas circunstancias específicas de subministro en termos de distancia entre centros de produción e consumo, a configuración das redes de distribución, a compensación por