Enerxía comunitaria en Europa. Unha oportunidade para avanzar na equidade do sistema enerxético.
3 Novembro, 2020
Autor: OEGA
0 Comentarios
Na quinta sesión do Seminario Venres ao Vento imos tratar o tema da enerxía comunitaria. Definida por primeira vez na Directiva 2018/2001, de forma tal que se recalca o vínculo que los membros deben ter co territorio onde se sitúe o proxecto, así como o control efectivo que estes deben ter sobre o mesmo. Así mesmo, faise fincapé na necesidade de que o obxectivo principal consista na obtención de beneficios medioambientais, económicos ou sociais para seus integrantes ou as áreas locais. O Real Decreto-ley 23/2020, de 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e en outros ámbitos para a reactivación económica, avanza na definición das comunidades enerxéticas en España.
No día 26 de novembro, na quinta sesión dos Venres ao Vento, contaremos coa presenza de Pep Puig i Boix, da iniciativa Viure de l’aire. Esta iniciativa consistiu na instalación de un aeroxenerador de propiedade compartida entre a cidadanía que voluntariamente aportou o diñeiro necesario para desenvolver o proxecto.
Som Energia é unha cooperativa de consumo de enerxía verde sen ánimo de lucro. Comercializan e producen enerxía de orixe renovábel. Nuria Palmada, de Somenergia, formará parte del panel de expertos para ilustrarnos sobre esta iniciativa.
Tamén en Galiza existen iniciativas comunitarias no ámbito da enerxía. É o caso de Nosa Enerxía S. C. G.Pablo Álvarez falaranos sobre a cooperativa de consumidores e usuarios, onde os socios e as socias se organizan para consumir enerxía de orixe renovable.
Na dimensión europea deste seminario, tamén damos entrada a experiencias fora do Estado español. É o caso de Coopérnico, unha cooperativa portuguesa de energias renovábeis, que xunta obxectivos sociais e apoio a proxectos de solidariedade, educativos e de protección ambiental . Guilherme Luz, membro de Coopérnico será parte do panel desta sesión do día 26 de novembro.
Finalmente, vendo cara o Norte da Europa, Maëlle Guillou de Enercoop, en Francia, contaranos como desde 2004 comezan a traballar por un novo modelo enerxético. Considerando que o acceso á enerxía é unha necesidade esencial e que o modelo enerxético dominante non satisfai adecuadamente as súas expectativas. Constatando que ese modelo é a orixe de problemas sociais, económicos e ambientais e xera iniquidades.
A sesión estará moderada por Xavier Simón, do OEGA, e por Cristina Alonso, de Amigos de la Tierra.
Se queres ser parte deste Seminario, que se desenvolverá online, debes rexistrarte. Para iso podes usar estes enlaces, para facelo en español, ou en galego.