Debate sobre a tarifa eléctrica territorializada: vídeo disponible
3 Agosto, 2021
Autor: OEGA
0 Comentarios
O pasado día 12 de xullo celebrouse unha xornada virtual de debate sobre unha tarifa eléctrica territorializada. Organizada polo Observatorio Eólico de Galicia, contou coa colaboración de Fidel Castro-Rodríguez, da Universidade de Vigo e do Research Group of Economic Analysis, Accounting and Finance (RGEAF), que exerceu as funcións de moderación.
A xornada se iniciou coa participación de Aitor Ciarreta da Universidade do País Vasco. A presentación do Dr. Ciarreta titulouse “Análise Económica de Prezos Zonais en Mercados Eléctricos”, enumerando as razóns que explican os prezos diferenciados por rexións e presentando experiencias noutros países europeos. Pola súa banda, Clara Isabel González Bravo, Xefa do Área de Prezos Regulados da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) centrou a súa intervención na tarifa eléctrica única en España. A intervención de González Bravo defendeu que a normativa española soamente permite a existencia dunha única tarifa eléctrica. Finalmente, a presentación sobre Tarifa Eléctrica Galega, motivación e obxectivos foi o contido da presentación de Xosé Manuel Golpe Acuña, da Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC) e de Nosa Enerxía S. Coop. Golpe Acuña sinalou que coa normativa vixente nada impediría que as empresas e os consumidores galegos recibisen unha contraprestación vía presupostos xerais do Estado, como ocorre actualmente para as empresas vascas.
Ao final das intervencións realizouse un debate moi frutífero que resultou altamente clarificador das presentacións realizadas. O acceso a todas as intervencións pódese realizar aquí.