Comunidades Enerxéticas no mundo rural: retos, oportunidades e realidades. Formando a formadores e decisores
11 Outubro, 2023
Autor: OEGA
0 Comentarios
O OEGA organiza unha xornada de formación sobre Comunidades Enerxéticas Rurais. Será o 23 de novembro de 2023, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, dentro do Campus de Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo.
O obxectivo desta xornada é contribuír a entender as oportunidades que se abren para o medio rural cando os actores locais (concellos, cidadáns, autónomos, organizacións sociais e profesionais, etc) son protagonistas da transición enerxética cara a un sistema descentralizado, democrático e ecolóxico.
De forma específica, mediante presentacións curtas, dinámicas e de actores diversos chegados desde todo o Estado español a xornada tamén pretende:
Mostrar as dinámicas sociais colectivas que propician o desenvolvemento das comunidades enerxéticas
Compartir as solucións xurídicas que acompañan á xestión colectiva das comunidades enerxéticas
Presentar as propostas tecnolóxicas adaptadas aos núcleos rurais para o desenvolvemento de comunidades enerxéticas
Repasar os modelos de negocio dispoñibles para propiciar o desenvolvemento de comunidades enerxéticas no medio rural
Presentar iniciativas diversas en curso para observar as diferenzas entre elas, distintas dimensións….
O programa está en marcha e compartirase en breve tempo. Calquera información adicional a este e-mail. Existe a posibilidade dunha preinscrición mediante este formulario.