A xornada iniciarase ás 9, cunha introdución a cargo de María Montero, do Observatorio e do grupo rede, e de Xavier Simón, coordinador do Observatorio, membro da dirección do CISPAC e coordinador do proxecto ec4rural.
Jesús Sánchez-Ostiz, Director Xeral da Rede de Comunidades Enerxéticas S. Coop. de Navarra, introduciranos no modelo cooperativista para o desenvolvemento de comunidades enerxéticas. Desde este mesmo territorio, e desde Álava, presentaranse experiencias colectivas na produción e consumo de electricidade. Rafael Larreina, Presidente da Rede de Comunidades Enerxéticas S. Coop. de Navarra, exercerá de dinamizador da mesa nº 1 e incorporará as boas prácticas derivadas das experiencias de comunidades enerxéticas en Álava. Pola súa banda, Carmentxu Etxarte, presidenta da Comunidade Enerxética Urroztarra, e Raquel Campillo, Presidenta de Cooperativa Garesbide de iniciativa social, abordarán de forma sistemática as iniciativas colectivas das que forman parte.
Se en Navarra as comunidades enerxéticas han avanzado de forma significativa, a Comunitat Valenciana non se quedou atrás. Para iso, Juan Sacri, de Sapiens Energía, ilustraranos sobre como se desenvolveron en Valencia este tipo de iniciativas, incidindo na acción municipal. A súa dinamización da mesa permitirá coñecer o Proxecto Albalat 0,0, coa intervención de Nicolau Josep Claramunt Ruiz, Alcalde de Albalat dels Sorells, e o proxecto Portell solidario e sostible, coa intervención de Álvaro Ferrero Ferrer, Alcalde de Portell de Morella. ”
En horario de tarde, abordaremos o estado das comunidades enerxéticas en Galicia. Xose Manuel Golpe, consultor enerxético da Deputación Provincial da Coruña exercerá as funcións de dinamizador. Na mesa contaremos con Ana Millán Dieste, Presidenta da Asociación Arousa en Transición para analizar a iniciativa insular de acción enerxética colectiva. Raquel Novoa Gómez, Presidenta de Renovables de Liñares, S.C.G. tratará o tema do desenvolvemento colectivo en Liñares, onde o Concello das Neves xoga un papel crucial. Seguiralle Jose Manuel Álvarez Campá, da Cooperativa Enerxética Cidadá do Concello de Arteixo (A Coruña). Finalmente, o alcalde de Begonte José Ulla, e os técnicos Miguel Angel Zamorano e Carlos Castro, ambos de Masinteligencia SL, compartirán o proxecto de transición enerxética de Begonte.
A xornada de formación finalizará coa presentación de José Luis Pascual Criado, Director Xeral do Agrupamento Europeu de Cooperação Territorial Douro-Douro, quen nos detallará os fundamentos da súa iniciativa de comunidades enerxéticas rurais na fronteira española e portuguesa.
Para asistir ao seminario é necesaria unha inscrición previa, con este formulario. A asistencia é gratuíta ata completar aforo. Usaranse de forma indiferente o galego e o español, sen tradución simultánea.