Logo dun debate sosegado, esta semana lanzouse a Coalición pola Enerxía Comunitaria, unha plataforma que pretende impulsar unha transición enerxética protagonizada pola cidadanía. Forman parte da mesma iniciativas cidadás comunitarias, organizacións, concellos, universidades e profesionais do sector. O Observatorio Eólico de Galicia é unha desas organizacións. Traballaremos conxuntamente para impulsar unha transición ecolóxica que asegure a democratización do sector enerxético a través do papel protagonista da cidadanía e dos actores locais.
A democratización do sector enerxético é indispensable para alcanzar obxectivos ambiciosos, tanto de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, como de implantación de enerxías renovábeis na xeografía española en termos de xustiza social. Por este motivo, nace a Coalición pola Enerxía Comunitaria para impulsar un cambio do modelo enerxético en mans da cidadanía. Os prezos abusivos que está alcanzado a luz durante estes meses son unha mostra máis da iniquidade do sistema eléctrico e enerxético actual, e un indicador da forte oposición das grandes empresas eléctricas para transformar de xeito radical o modelo enerxético.
Nestes momentos, o Goberno español segue tramitando o obrigado proceso de transposición das Directivas sobre enerxía renovable (REDE II, 2018/2001) e sobre o mercado da electricidade (EMD, 2019/944), malia que o prazo dado pola Unión Europea finalizou fai meses. As organizacións denunciamos esta tardanza, así como a falta de consideración ante o papel crucial que desempeña a enerxía comunitaria, obstaculizada polo tradicional modelo oligopólico do sector enerxético español. Estas grandes, e poucas, empresas está paralizando unha transición enerxética social e medioambientalmente xusta e transformadora.
A Coalición pola Enerxía Comunitaria creouse para asegurar a democratización do sector enerxético a través da participación activa e protagonista da cidadanía, entidades públicas locais e PEMEs. Entre as principais medidas, a Coalición reclama ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e ás Comunidades Autónomas no ámbito das súas competencias, as seguintes decisións:
Desde a Coalición xa se comezou a desenvolver a actividade nesa dirección a través de propostas concretas, entre as que se destacamos:
Desde O observatorio Eólico de Galicia tamén iniciamos un proceso de información sobre iniciativas enerxéticas comunitarias en Galicia. Até agora asinamos acordos de colaboración con 4 entidades interesadas en traballar para o avance das propostas democráticas na produción e distribución de enerxía. Si queres máis información contacta connosco.
Ademais do Observatorio Eólico de Galicia, a Coalición pola enerxía comunitaria está composta por AeioLuz, Amigos de la Tierra, os Concellos de Cádiz e San Juan del Puerto, Cooperase, Comunidad Energética del Río Monachil, Ecounion, o Instituto Internacional de Derecho y Medioambiente, MUTI, a Plataforma por un Nuevo Modelo Energético, Sapiens Energía, Som Energia, a Xarxa per la sobirania energètica, persoas investigadoras e docentes da Universidade Politécnica de Madrid e profesionais do sector.
Si queres acceder ao manifesto (soamente en español) preme neste enlace.