O primeiro aeroxerador comunitario da Península entra en funcionamento
6 Maio, 2019
Autor: OEGA
0 Comentarios
O ano pasado aconteceu un feito novidoso a nivel da Península Ibérica. Concretamente, púxose en funcionamento o primeiro aeroxerador de propiedade comunitaria. Este feito supón unha importante novidade, xa que ao contrario do que acontece noutros lugares de Europa e do Mundo onde esta clase de instalacións cooperativas ou comunitarias son promovidas polas administracións e polas políticas públicas, a nivel peninsular resulta moi dificultoso poder desenvolver parques eólicos desta clase.
O proxecto Vivir del aire del cielo, conseguiu despois de 10 anos de proceso por en funcionamento un aeroxerador de 2,35 MW no municipio de Pujalt (Alta Anoia). Esta iniciativa naceu a partir da colaboración entre diferentes entidades e organizacións e unhas 500 persoas a título individual. O fomento dos parques eólicos de propiedade compartida, comunitarios ou cooperativos, que necen froito da acción colectiva das persoas e de entidades do sector eólico é un camiño de interese para conseguir democratizar o sector e incrementar os impactos económicos positivos nas áreas rurais.
Para máis información sobre o Proxecto Vivir del aire del cielo pinche aquí.