Os procesos de gobernabilidade e participación na instalación de plantas de enerxías renovables en Galicia
Encontro presencial en Santiago de Compostela o día 29 de outubro, organizado polo Observatorio Eólico de Galicia (OEGA), REDS-SDSN Spain,…
O mundo da enerxía eólica é amplo e moi diverso. Moitas veces non se pode desligar das iniciativas das enerxías renovábeis. Ademais existe unha multiplicidade de actores que participan no seu desenvolvemento: institucións con diferentes escalas de acción, agrupacións empresarias que promocionan parques eólicos, colectivos de propietarios que pulan por propostas máis participativas e transparentes, grupos de consumidores que que se centran no autoconsumo, centros de investigación especializados, colectivos sociais e ambientalistas que se ocupan dos efectos externos destas tecnoloxías, etc.
Por outra parte, a conexión entre o desenvolvemento eólico e a loita contra o cambio climático, un obxectivo compartido globalmente, abre e amplía o abano de actores e intereses inseridos ao mundo eólico.
Por todo elo, este apartado quere ser unha mostra desa diversidade, facilitando a acumulación de ideas, proxectos e ligazóns que nos axuden a fortalecer as posicións dos que cren, invisten e contribúen dunha forma ampla ó fortalecemento da base ecolóxica do noso sistema socioeconómico e da súa estratexia para ralentizar o cambio climático.
A enerxía eólica precisa dunha condición inicial necesaria para o seu desenvolvemento: a existencia de recurso eólico que condicionará as posibilidades de instalacións de centrais eólicas. Sobre esta cuestión, resulta de interese toda a información que nos facilita o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), principalmente o Atlas Eólico de España que foi promovido polo IDAE no marco da elaboración do Plan de Enerxías Renovables (PER) en España 2011-2020.
No seguinte enlace poderás acceder á información existente sobre o Atlas Eólico de España, tanto a un visor on line como a un enlace de descarga da publicación completa con todos os datos e mapas facilitados polo IDAE.
Unha ferramenta de interese para coñecer a localización xeográfica dos parques eólicos en funcionamento e, sobre todo, dos que se encontran en tramitación administrativa e das solicitudes de centrais eólicas máis recentes é o Rexistro Eólico de Galicia. Esta ferramenta electrónica, que se crea a partir da Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas Empresariais de Galicia, recolle dun xeito electrónico a localización cartográfica de todos os parques eólicos en funcionamento, autorizados ou en tramitación administrativa no territorio galego. A ferramenta, que está dispoñible para consulta desde fai apenas uns meses, permite facer buscas por lugar xeográfico, pero apenas subministra información adicional sobre os parques eólicos que están representados.
Para acceder e consultar a información da páxina web do Rexistro Eólico de Galicia preme no seguinte botón:
Encontro presencial en Santiago de Compostela o día 29 de outubro, organizado polo Observatorio Eólico de Galicia (OEGA), REDS-SDSN Spain,…
O 1 e 2 de outubro celebrouse o III Congreso Europeo de Comunidades Enerxéticas en Pamplona, un evento organizado polo…
O pasado sábado 28 de setembro, o OEGA participou no encontro estatal "Comunidades Enerxéticas contra a Vulnerabilidade” organizado pola Plataforma…