Aproveitamento multifuncional no rural galego: unha experiencia desenvolvida con M de muller
Como moitas aldeas galegas, Antas, no Concello de A Lama, era un territorio inzado de vida agraria e rural: durante…
Galicia foi pioneira na regulación do aproveitamento do vento para a produción de electricidade. A enerxía eólica desenvolveuse amplamente nas últimas décadas no territorio galego, convertendo a Galicia nunha potencia eólica. Este proceso, que tivo lugar grazas á nosa riqueza eólica, supuxo a instalación de máis de 4.000 aeroxeradores en moitos dos montes do Pais de máis de 100 concellos vinculados con máis de 150 parques eólicos.
Neste apartado o Observatorio Eólico de Galicia comparte información sobre a xeolocalización dos parques eólicos, a potencia instalada, os volumes de produción e outros indicadores do desenvolvemento eólico de Galicia.
Pódesnos facer chegar canta información queiras compartir sobre a eólica no teu lugar, parroquia ou concello, e compartirémola con todos e todas.
A enerxía eólica tense desenvolvido amplamente nas últimas décadas no territorio galego. Este proceso tivo lugar grazas á existencia de recurso eólico en moitas áreas de Galicia, mais tamén a grande implantación foi debida ao deseño e aprobación dun marco regulador que favoreceu a posta en marcha das centrais eólicas. Así, desde 1995 produciuse a implantación de parques eólicos, aeroxeradores e infraestruturas asociadas ao longo de moitos montes de Galicia. Neste período de desenvolvemento eólico en Galicia instaláronse perto de 3.900 MW, dos que a meirande parte se puxeron en marcha durante o período que vai dende 1997 ata o ano 2008.
Figura: Dinámica da potencia eólica en funcionamento en Galicia (MW)
Fonte: BISEEGA
A recente reactivación da enerxía eólica en Galicia xunto cos que se encontran en tramitación administrativa aventuran que nos vindeiros anos esta potencia en funcionamento vai ser incrementada amplamente.
No atinxido á distribución desta potencia ao longo do territorio a información dispoñible nos permite realizar unha análise provincial desta potencia eólica en funcionamento. Neste senso, destacan claramente as provincias de Lugo e a Coruña, xa que concentran a meirande parte dos parques eólicos que teñen acta de posta en marcha.
A implantación de parques eólicos é unha actividade económico-empresarial e como tal o marco retributivo e as circunstancias económicas vinculadas son importantes para entender o desenvolvemento eólico. Certamente, un elemento clave para entender a expansión desta actividade económica eólica vincúlase co negocio xerado a partir da produción de electricidade mediante o aproveitamento da forza do vento, un recurso localizado nos terreos rurais de Galicia, propiedade das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, de propietarios privados e, en menor medida, de propiedade pública. A facturación dos parques eólicos galegos chegou a superar os 700 Millóns de euros de facturación no ano 2013. Esa cifra foi amplamente superada nos últimos anos. Como se pode ver, no ano 2022 os parques eólicos facturaron máis de 1.600 millóns de euros, resultado do forte incremento dos prezos da electricidade. Para o conxunto dos parques eólicos galegos a facturación anual estimada é a que se mostra na seguinte figura:
Figura: Estimación da facturación dos parques eólicos en Galicia (€)
Fonte: Elaboración propia a partir da BISEEGA, da web de red eléctrica e da web da CNMC
Como se pode observar na figura, a facturación global dos parques eólicos galegos vai experimentando un avance progresivo ata 2004, producíndose posteriormente un forte crecemento que se mantén ata o ano 2008, acadando un primeiro pico. Despois dese ano hai unha tendencia a descender a partir de aí pero aínda con prezos medios superiores á media do período anterior, ata o ano 2013, que é no que se acada a maior facturación. A partir dese ano existe unha forte caída no 2014 e 16. Esta situación comezou a mudar no 2017 cando o prezo medio de venda superou os 80 euros/MWh. En 2021 e 2022 os prezos alcanzaron valors descoñecidos: 123 e 172 €/MWh respectivamente, de acordo cos valores medios anuais extraídos da CNMC.
Por outra parte, a facturación de cada central eólica depende non só do contexto retributivo e do prezo medio da venda da produción senón tamén da eficiencia das instalacións, medida en Horas de Produción Equivalentes, xa que hai lugares con máis horas de vento que outros. En Galicia existe algún parque eólico no que se estiman máis de 4.000 horas de funcionamento ao ano.
A enerxía eólica non se distribúe de maneira homoxénea ao longo do territorio, xa que existen espazos xeográficos que concentran grande parte da potencia instalada en funcionamento. Estes lugares correspóndense, cos territorios nos que, posuíndo zonas de desenvolvemento eólico marcadas no Plan Sectorial Eólico de Galicia, correspóndense coas terras coas maiores potencialidades produtivas eólicas, segundo se desprende do Tlas Eólico de España. Tal e como podemos observar no seguinte cadro, os municipios que concentran a meirande parte dos aeroxeradores galegos están radicados nas serras que compoñen a Dorsal Galega e nas zonas de costa da provincia de A Coruña. Destaca particularmente a densidade eólica existente na Serra do Xistral con concellos como o de O Valadouro, Abadín ou Ourol que contan con centos de aeroxeradores instalados nos seus termos municipais, sendo o concello de Muras o que encabeza esta listaxe cun total de 381 aeroxeradores en funcionamento.
Táboa: Distribución municipal do número de aeroxeradores no ano 2019
Concello | Provincia | N.º aeroxeradores |
Abadín | Lugo | 198 |
Agolada | Pontevedra | 11 |
Alfoz | Lugo | 35 |
Antas de Ulla | Lugo | 2 |
Aranga | A Coruña | 15 |
Arbo | Pontevedra | 23 |
Arteixo | A Coruña | 2 |
Avión | Ourense | 40,5 |
Baleira | Lugo | 17 |
Baltar | Ourense | 4 |
Bande | Ourense | 4 |
Boimorto | A Coruña | 5,5 |
Boiro | A Coruña | 1 |
Cabana de Bergantiños | A Coruña | 13 |
Caldas de Reis | Pontevedra | 4 |
Camariñas | A Coruña | 42 |
Cañiza, A | Pontevedra | 62 |
Capela, A | A Coruña | 11 |
Carballedo | Lugo | 10 |
Cariño | A Coruña | 44 |
Carnota | A Coruña | 49,5 |
Castro Caldelas | Ourense | 4 |
Castroverde | Lugo | 24,5 |
Catoira | Pontevedra | 10 |
Cedeira | A Coruña | 70 |
Cerceda | A Coruña | 2 |
Cerdedo-Cotobade | Pontevedra | 21 |
Cervo | Lugo | 16,5 |
Chandrexa de Queixa | Queixa | 35 |
Chantada | Lugo | 21 |
Coristanco | A Coruña | 29 |
Covelo | Pontevedra | 49 |
Cualedro | Ourense | 44,5 |
Cuntis | Pontevedra | 3 |
Dodro | A Coruña | 5 |
Dumbría | A Coruña | 114 |
Estrada, A | Pontevedra | 2 |
Fonsagrada, A | Lugo | 64 |
Forcarei | Pontevedra | 105,5 |
Fornelos de Montes | Pontevedra | 5 |
Foz | Lugo | 9 |
Friol | Lugo | 33 |
Guitiriz | Lugo | 39 |
Irixo, O | Ourense | 37 |
Irixoa | A Coruña | 15,5 |
Lalín | Pontevedra | 80 |
Lama, A | Pontevedra | 51,5 |
Laracha, A | A Coruña | 1 |
Lousame | A Coruña | 15 |
Malpica de Bergantiños | A Coruña | 7 |
Mañón | A Coruña | 73 |
Mazaricos | A Coruña | 123,5 |
Meira | Lugo | 30 |
Melide | A Coruña | 19 |
Melón | Ourense | 18 |
Mondoñedo | Lugo | 39 |
Monfero | A Coruña | 25 |
Montederramo | Ourense | 36 |
Muras | Lugo | 381 |
Muros | A Coruña | 41 |
Muxía | A Coruña | 34 |
Narón | A Coruña | 6 |
Negreira | A Coruña | 49 |
Neves, As | Pontevedra | 23 |
Nogueira de Ramuín | Ourense | 53 |
Ortigueira | A Coruña | 116 |
Ourol | Lugo | 156,5 |
Outes | A Coruña | 30 |
Padrón | A Coruña | 2 |
Palas de Rei | Lugo | 25 |
Parada de Sil | Ourense | 17 |
Páramo, O | Lugo | 4 |
Pastoriza, A | Lugo | 5 |
Piñor | Ourense | 2 |
Pobra do Caramiñal | A Coruña | 48 |
Pol | Lugo | 4,5 |
Ponteceso | A Coruña | 63 |
Pontenova, A | Lugo | 9,5 |
Pontes de Garcia Rodriguez, As | A Coruña | 139 |
Porto do Son | A Coruña | 51 |
Rianxo | A Coruña | 6 |
Ribeira de Piquín | Lugo | 33 |
Riotorto | Lugo | 2,5 |
Rodeiro | Pontevedra | 36 |
Rois | A Coruña | 14 |
San Sadurniño | A Coruña | 26 |
Santa Comba | A Coruña | 56,5 |
Sarria | Lugo | 6 |
Silleda | Pontevedra | 12,5 |
Sobrado | A Coruña | 13,5 |
Somozas, | A Coruña | 87 |
Toques | A Coruña | 12 |
Tordoia | A Coruña | 7 |
Valadouro, O | Lugo | 120 |
Valdoviño | A Coruña | 19 |
Verea | Ourense | 15 |
Vicedo, O | Lugo | 84 |
Vila de Cruces | Pontevedra | 8 |
Vilagarcía de Arousa | Pontevedra | 2 |
Vilalba | Lugo | 129 |
Vimianzo | A Coruña | 68 |
Viveiro | Lugo | 50 |
Xermade | Lugo | 43,5 |
Xinzo de Limia | Ourense | 0,5 |
Xove | Lugo | 11 |
Xunqueira de Espadanedo | Ourense | 6 |
Zas | A Coruña | 28,5 |
Totais |
4.026,00 |
Fonte: ORDE do 17 de decembro de 2018 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2019, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia
A potencia media dos aeroxeradores instalados en Galicia foi crecendo rapidamente nos primeiros anos de desenvolvemento eólico, pero desde o parón experimentado a partir do ano 2008 mantívose moi constante. Recentemente ten crecido novamente a partir dos primeiros procesos de repotenciación de parques eólicos. Nos vindeiros anos e dada a potencia unitaria dos aeroxeradores en tramitación, que en moitos casos é de 3 MW por aeroxerador e chega a acadar os 6 MW nalgún proxecto concreto, a potencia media dos muíños eólicos de Galicia vaia a experimentar un importante crecemento.
Figura: Dinámica da potencia media por aeroxerador en funcionamento no territorio galego. MW.
Como moitas aldeas galegas, Antas, no Concello de A Lama, era un territorio inzado de vida agraria e rural: durante…
Organizada pola Plataforma Vendaval Costa de Morte, coa colaboración do Concello de Vimianzo, o OEGA participou nunha charla informativa sobre…
Nas terras de Ortigueira hai unha forte tradición agraria cooperativa durante a súa historia máis recente. Un exemplo era a…