Enerxía comunitaria: unha opción real para empoderar ás economías locais
Desde hai un mes, en colaboración cos técnicos do proxecto europeo EC4RURAL, o Observatorio Eólico está a recorrer as vilas…
O desenvolvemento da enerxía eólica ocorreu nun contexto normativo determinado. Este contexto foi cambiando a través do tempo e presenta aspectos diferenciais segundo Comunidades Autónomas e Estados. Das leis, decretos e plans de ordenación territorial e enerxética derívanse uns procedementos de admisión a trámite, autorización e avaliación ambiental específicos. Así mesmo tamén se fixan unha serie de responsabilidades, obrigas e dereitos de todos os axentes participantes.
Por outra parte, no ámbito das empresas, promotores e as súas asociacións, así como desde ámbitos profesionais, xéranse diversos documentos de avaliación do sector e de proposición de accións ou programas arredor da enerxía eólica. Igualmente, os movementos sociais vinculados ó ambientalismo e ós axentes rurais realizan periódicos informes e diagnósticos sobre as enerxías renovábeis e a eólica en particular.
Finalmente, as revistas científicas recollen documentos de enorme interese para tratar aspectos específicos claves para entender as razóns do éxito ou fracaso dos diferentes modelos de desenvolvemento das enerxías renovábeis. Algúns deles teñen interese directo en relación coa enerxía eólica.
En consecuencia, neste apartado, concibido como un repositorio para a consulta aberta e libre de información legal, técnica, científica e divulgativa vinculada coa enerxía eólica, podes acceder e consultar os principais documentos da lexislación galega, española e europea que regulan os aspectos claves da enerxía eólica e todos aqueles informes e publicacións que son de interese para ter unha perspectiva ampla do desenvolvemento eólico.
Norma: Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.
Ano de aprobación: 2009
Relevancia na eólica galega: Esta Lei é a que regula actualmente os procedementos para a autorización administrativa das instalacións de parques eólicos no territorio galego establecendo elementos clave para os propietarios dos terreos como cuestións vinculadas coa declaración de utilidade pública e os procedementos expropiatorios. Recentemente ten experimentado importantes cambios a partir da Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais polo que cómpre consultar a versión totalmente actualizada e consolidada.
Antecedentes: Decreto 205/1995; Decreto 302/2001 e Decreto 242/2007.
Patrocinada pola Fundación Juana de Vega e pola Fundación Isla Couto, o Observatorio Eólico de Galicia ofrece de forma gratuíta a Guía para o incremento do valor social e do valor económico da enerxía eólica nas comundiades rurais, para fortalecer as accións dos propietarios de solares eólicos cando as empresas de fóra do medio rural pretenden construír un parque eólico. Partindo da posición asimétrica que teñen as partes, a Guía pretende resumir os aspectos máis relevantes deses procesos negociadores e polos a disposición de todos os propietarios e axentes interesados. Así, de xeito didáctico o Documento aporta diversa información sobre os procesos, as oportunidades e os impactos das instalacións eólicas. Inclúe un apartado específico sobre efectos fiscais das rendas derivadas dos eólicos. Tamén unha proposta de Contrato Tipo e de Convenio de Colaboración.
Desde hai un mes, en colaboración cos técnicos do proxecto europeo EC4RURAL, o Observatorio Eólico está a recorrer as vilas…
A xornada Comunidades Enerxéticas no mundo rural: retos, oportunidades e realidades. Formando a formadores e decisores, celebrada o pasado 23…
A xornada Comunidades Enerxéticas no mundo rural: retos, oportunidades e realidades. Formando a formadores e decisores, celebrada o pasado 23…