Os procesos de gobernabilidade e a participación na instalación de plantas de enerxías renovables en Galicia
A finais de Outubro celebrouse na sede do CISPAC, en Santiago de Compostela, a Xornada denominada ‘Os procesos de gobernabilidade…
A posta en marcha de parques eólicos implica maiores rendas para o rural, maiores rendas para os concellos, xeración de emprego en xeral e para o mundo rural en particular.
Por unha parte, os investimentos industriais que realizan os promotores para a produción das compoñentes dos parques eólicos. Tamén os investimentos para o desenvolvemento dos parques eólicos. Todos eles son fontes de novas rendas que teñen efectos socioeconómicos a través das relacións comerciais que se establecen entre os axentes que conforman o tecido económico, social e institucional dos territorios.
Ademais, neste apartado identifícanse iniciativas económicas que desenvolven os axentes rurais a partir das rendas derivadas da enerxía eólica. Dentro destas boas prácticas poden existir exemplos de posta en marcha de iniciativas de aproveitamento dos recursos endóxenos, a xeración de servizos colectivos para a poboación local, a mellora da calidade de vida das persoas, etc.
Se coñeces algún exemplo nesta liña, desenvolvido por empresas promotoras, propietarios de montes ou por un concello, non dubides en contactar co OEGA.
Entidade promotora da iniciativa: Concello de Muras
Localización: Muras (Lugo)
Vinculación coa enerxía eólica: Neste concello, que conta con excelentes condicións de vento para a actividade eólica, hai un total de 381 aeroxeradores en funcionamento a 2019, o que o convirte no municipio galego con maior intensificación eólica.
Caracterización da iniciativa: O Concello de Muras conta cunha grande implantación da enerxía eólica no seu termo municipal. Froito desta grande cantidade de parques eólicos e aeroxeradores o Goberno local no ano 2016 decidiu desenvolver unha inicaitiva que favorecese un retorno social derivado desta actividade enerxética. Así, este municipio ten desenvolvido unha interesante e novidosa medida que consiste en apoiar o pagamento familiar dos custes de electricidade, mediante unha subvención convocada anualmente para a que existen varios tramos en función das rendas familiares e un tope máximo de 500 euros. Esta medida favorece a loita contra a pobreza enerxética e posibilita un retorno social nun contexto rural onde as familias teñen rendas familiares baixas e a poboación está avellentada. En Muras hai actualmente unhas 220 unidades familiares, das que en torno a 175 solicitan a axuda para o pagamento da luz o que dá mostra da boa recepción que está a ter esta medida municipal.
Entidade promotora da iniciativa: A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Zobra
Localización: Zobra (Lalín)
Vinculación coa enerxía eólica: Na parroquia de Zobra e nos térreos da Comunidade está localizado parte do parque eólico de Ameixeiras-Testeiros. As rendas xeradas pola ocupación dos terreos foron clave para por en marcha a iniciativa.
Caracterización da iniciativa:
A CMVMC de Zobra é un axente dinamizador do seu entorno local desenvolvendo diferentes actividades e actuacións enfocadas a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan neste fermoso lugar pertencente á Rede Natura 2000 e a xerar actividade económica. A Comunidade abriu unha oficina que serve como xermolo de proxectos de desenvolvemento para este lugar e como punto de apoio para a cidadanía local. As labouras sociais das Comunidades de Montes en moitas ocasións non son valoradas nin apreciadas. Sen embargo, en moitos lugares do rural galego as Comunidades abastecen de servizos que non existen. Un dos exemplos paradigmáticos é o das traídas de auga. A CMVMC de Zobra realizou unha traída de augas con traballo propio da comunidade, mercando as tubaxes e facendo o resto eles mesmos.
Unha das iniciativas máis singulares da CMVMC de Zobra consistiu na rehabilitación das “casas das minas” coa finalidade de destinalas para o turismo rural. Estas casas, que foron xestionadas directamente pola Comunidade durante varios anos e agora están cedidas, eran edificacións destinadas aos traballadores relacionados coas actividades minería na explotación do estaño na zona nos anos 20, 30 e 40. Mediante a rehabilitación destas casas e xunto coa ruta de sendeirismo trátase de dinamizar turisticamente a parroquia.
Outros dos aproveitamentos destacados de Zobra consiste na gandería, onde destaca a actividade apícola, xa que os montes deste lugar, pola súa situación na media montaña galega, contan cunha enorme aptitude apícola. A importancia da actividade apícola nesta zona vese confírmase claramente ao coñecer a existencia de varios envasadores inscritos en Mel de Galicia que teñen a súa localización no lugar de Zobra.
A finais de Outubro celebrouse na sede do CISPAC, en Santiago de Compostela, a Xornada denominada ‘Os procesos de gobernabilidade…
Somos parte do equipo de traballo vinculado co proxecto “Laboratorio Ecosocial do Barbanza: un laboratorio vivo para a xestión multifuncional…
Baixo ese título, o Observatorio Eólico de Galicia organiza unha xornada de información e debate que terá lugar o xoves…