Dispoñibles os vídeos da Xornada “Comunidades Enerxéticas e Iniciativas Comunitarias”
20 Decembro, 2024
Autor: OEGA
0 Comentarios
O pasado 21 de novembro celebrouse no Salón de Graos da FCCEE da Universidade de Vigo a xornada dedicada a explorar as experiencias e oportunidades que as comunidades enerxéticas ofrecen para impulsar o desenvolvemento rural e avanzar na transición enerxética en Galicia, organizada polo Observatorio Eólico de Galicia.
O evento contou cunha gran participación ao longo dunha extensa e enriquecedora xornada, reunindo a actores clave do panorama das comunidades enerxéticas galegas. A xornada, que puido ser seguida tanto de maneira presencial como en liña, consolidouse, ao igual que na edición do ano pasado, como un espazo fundamental para compartir experiencias, coñecementos e inquietudes arredor da implantación deste modelo colaborativo e sostible. Reuniu expertos, representantes de institucións públicas e líderes de proxectos que compartiron experiencias, ferramentas e visións para avanzar na transición enerxética.
Xa podes acceder a todos os vídeos da xornada na plataforma UVigoTV. Convidámoste a explorar os contidos completos, unha oportunidade para coñecer de primeira man os esforzos e avances das comunidades galegas na transición enerxética. Pódelos encontrar todos nesta ligazón á UVigoTV