Análise económica e financeira das Comunidades Enerxéticas
3 Novembro, 2024
Autor: OEGA
0 Comentarios
O OEGA, en colaboración co proxecto EC4RURAL, publica uns materiais de utilidade para a elaboración do plan de viabilidade económica e para a análise económica dunha comunidade de enerxías renovábeis de acordo coa normativa existente en España no momento actual
Estas ferramentas foron creadas a partir da linguaxe e os comandos propios da utilidade Excel, de Microsoft. Consisten en varias follas Excel que, integradas nun único libro, son útiles para obter unha estimación dos resultados económicos esperados e unha avaliación dos resultados económicos observados dunha iniciativa enerxética comunitaria.
Ofrécese en código aberto, sendo libremente accesible, se ben con algunhas follas ocultas para garantir que a súa estrutura global non poida ser modificada e, dese xeito, non perda a súa utilidade. Sen prexuízo disto, calquera usuaria pode facernos chegar (observatorio.eolico@uvigo.gal) as súas consideracións para a súa continua mellora.
As ferramentas analíticas van acompañadas de cadansúa guía práctica. Tamén son accesíbeis libremente. Ferramentas e guías están dispoñíbeis unicamente en galego e inglés. Aquí a versión en galego.
Documentos referidos ao Plan de Viabilidade Económica: