Presente e futuro das comunidades enerxéticas. O papel das entidades locais
23 Decembro, 2023
Autor: OEGA
0 Comentarios
A xornada Comunidades Enerxéticas no mundo rural: retos, oportunidades e realidades. Formando a formadores e decisores, celebrada o pasado 23 de novembro de 2023 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias da UVIGO estivo organizada polo Observatorio Eólico de Galicia (OEGA).
O OEGA é unha ferramenta de investigación, información, asesoramento e consulta para todas as persoas, empresas e colectivos interesados na enerxía eólica de Galicia que naceu da colaboración entre a Fundación Isla Couto, a Fundación Juana de Vega, a Fundación Paideia Galiza, a e a Universidade de Vigo. Esta alianza público-privada é indispensable para formar tratar de cooperar no camiño de facer partícipes aos colectivos rurais dos procesos de transición enerxética.
Esta xornada formou parte do programa de actividades do proxecto EC4RURAL, un proxecto LIFE que comezou en setembro de 2023 financiado con 1,6 millóns de euros. Liderado pola Universidade de Vigo, conta con dez socios entre España, Estonia e Bélxica, e xuntos impulsarán á transición cara as enerxías limpas nas zonas rurais europeas a través das Comunidades Enerxéticas en 34 concellos (22 galegos e 12 estonianos) ata agosto de 2027.
A actividade contou coa participación de máis de 70 persoas e colectivos de ámbitos tan diversos como as administracións locais, os grupos de desenvolvemento rural, as comunidades de montes, as pequenas distribuidoras de enerxía, asociacións de consumidoras, profesionais das empresa enerxética etc.
Vídeo dispoñible. Presente e futuro das comunidades enerxéticas. O papel das entidades locais
Jorge Andrey Sterner, avogado e socio do bufete Schlaich Dauss SLP, abordou o presente xurídico e do futuro posible das comunidades enerxéticas como ferramenta ideal para empoderar e achegalas á cidadanía incidindo no papel crucial das entidades locais nese proceso ao ser a administración local a máis próxima á cidadanía.