Traballo con comunidades locais para avanzar na transición enerxética
2 Outubro, 2023
Autor: OEGA
0 Comentarios
Nesta nova xeira de traballo, o OEGA quere dar pasos no camiño de construír accións transformadoras que empoderen á cidadanía local e rural como protagonistas da transición enerxética. Así, estamos a celebrar reunións por toda Galicia con actores locais para unha primeira toma de contacto. Coa nosa chegada ás localidades queremos coñecer a existencia de iniciativas locais de transición enerxética. Tamén ofrecemos a nosa colaboración desde a Universidade de Vigo para contribuír aos procesos locais de fortalecemento enerxético.
Este foi o caso das visitas realizadas a Begonte, na comarca da Terra Chá, e a O Rosal, na pontevedresa comarca do Baixo Miño. En Begonte puidemos coñecer de primeira man as ambiciosas iniciativas que lidera o Concello xunto co empresariado local, sobre todo os gandeiros e gandeiras begontesas. Pola súa banda, no Rosal os obxectivos de capacidade renovable instalada controlada polos actores locais son máis modestas, pero encóntranse moi fortalecidas pola acción previa de conciencian que se ten desenvolvido coa lideranza do Concello.
En ambas iniciativas, o denominador común é que a cidadanía se converta en protagonista e actor central para a transformación do modelo enerxético local: producir electricidade con fontes renovábeis é o primeiro paso de outros obxectivos a medio prazo que perseguen as comunidades locais dos dous concellos rurais.