Por unha banda, para facilitar o uso das ferramentas xa coñecidas elaboráronse uns vídeos explicativos que guían ás persoas usuarias no seu manexo e aproveitamento. Estes recursos audiovisuais complementan as guías prácticas previamente publicadas, en torno a:
Plan de Viabilidade Económica. Accede ao vídeo aquí.
Avaliación dos resultados económicos observados. Accede ao vídeo aquí.
Actualización do Plan de Viabilidade Económica. Accede ao vídeo aqui.
Esta actualización do plan de viabildiade, explicada no último vídeo, incorpora novas funcionalidades que melloran a súa precisión e adaptabilidade. Pódese descargar a nova versión:
Entre as melloras destacadas desta versión inclúense:
Personalización do número de socios: Agora é posible definir ata un máximo de 25 socios, podendo indicar o consumo real de cada un.
Cálculo automático da superficie necesaria: A ferramenta estima automaticamente o espazo requirido para a instalación, optimizando a planificación do proxecto.
Aínda que se engadiron estas novas funcionalidades, a estimación dos resultados esperados da instalación enerxética comunitaria mantén a coherencia coa versión inicial da ferramenta.
Con estas actualizacións, o OEGA e o proxecto EC4RURAL reafirman o seu compromiso coa promoción e desenvolvemento das comunidades enerxéticas en Galicia, proporcionando ferramentas e recursos que faciliten a súa viabilidade e eficiencia.