Os procesos de gobernabilidade e participación na instalación de plantas de enerxías renovables en Galicia
17 Outubro, 2024
Autor: OEGA
0 Comentarios
Encontro presencial en Santiago de Compostela o día 29 de outubro, organizado polo Observatorio Eólico de Galicia (OEGA), REDS-SDSN Spain, Eudemon e INSTA – Servizos Xurídicos Ambientais.
Todas estas organizacións coinciden na necesidade de dotar ao modelo de transición enerxética dunha vinculación diferente cos territorios onde se asentan. O despregamento das enerxías renovábeis debe ser compatible co territorio e co desenvolvemento rural. Todas as administracións públicas e todos os actores clave deste proceso de transición enerxética deben garantir que a transparencia e o diálogo son os seus piares fundamentais e deben considerar que os proxectos industrias das renovábeis non son proxectos illados, ocorren nun territorio e nun contexto social específico.
A “Folla da Ruta das Renovábeis co Territorio” inclúe numerosas medidas, unha parte delas referidas co desenvolvemento local e rural, auténtico campo de traballo do Observatorio Eólico de Galicia. Entre esas medidas resaltamos a necesidade de abrir á participación como accionistas dos proxectos á cidadanía e ás administracións locais. Tamén se resalta a demanda de que os procesos de planificación das instalación se realicen con participación real dos axentes locais.
A xornada, que terá lugar no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, nas instalacións do CISPAC, dividirase en dúas mesas de debate. A primeira titúlase Mesa de diálogo sobre políticas públicas e colaboración multinivel. Será moderada por Diego Castiñeiras, da Fundación Renovables. Formarán o panel Manuel Requeijo, Alcalde de Muras; Diego Gago, de beBarlet; Heikki Wilksted, da Asociación Eólica Española e Armando Iglesias Rodrìguez, de CCOO. Están pendentes de confirmar representantes da Xunta e Goberno.
A segunda mesa desenvolverase baixo o título Mesa de diálogo sobre participación social. Será moderada por Jaume Moya, de Eudemon. Nela particiaprán Adrián Gallero, de Red2Red; Xavier Simón, do Observatorio Eólico de Galicia; Belén Rodríguez, da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza e Mar Asunción, de WWF. Espérase a conformación de representante de empresa.
Para máis información contacto con Carolina Quintero Zamora (carolina.quintero@reds-sdsn.es) ou con Cecilia López (cecilia.lopez@reds-sdsn.es) de REDS-SDSN Spain, ou co Observario Eólico de Galicia (observatorio.eolico@uvigo.gal).