O desenvolvemento de comunidades enerxéticas en Galicia
23 Decembro, 2023
Autor: OEGA
0 Comentarios
A xornada Comunidades Enerxéticas no mundo rural: retos, oportunidades e realidades. Formando a formadores e decisores, celebrada o pasado 23 de novembro de 2023 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias da UVIGO estivo organizada polo Observatorio Eólico de Galicia (OEGA).
O OEGA é unha ferramenta de investigación, información, asesoramento e consulta para todas as persoas, empresas e colectivos interesados na enerxía eólica de Galicia que naceu da colaboración entre a Fundación Isla Couto, a Fundación Juana de Vega, a Fundación Paideia Galiza, a e a Universidade de Vigo. Esta alianza público-privada é indispensable para formar tratar de cooperar no camiño de facer partícipes aos colectivos rurais dos procesos de transición enerxética.
Esta xornada formou parte do programa de actividades do proxecto EC4RURAL, un proxecto LIFE que comezou en setembro de 2023 financiado con 1,6 millóns de euros. Liderado pola Universidade de Vigo, conta con dez socios entre España, Estonia e Bélxica, e xuntos impulsarán á transición cara as enerxías limpas nas zonas rurais europeas a través das Comunidades Enerxéticas en 34 concellos (22 galegos e 12 estonianos) ata agosto de 2027.
A actividade contou coa participación de máis de 70 persoas e colectivos de ámbitos tan diversos como as administracións locais, os grupos de desenvolvemento rural, as comunidades de montes, as pequenas distribuidoras de enerxía, asociacións de consumidoras, profesionais das empresa enerxética etc.
Vídeos dispoñibles. O desenvolvemento de comunidades enerxéticas en Galicia
Comunidade enerxética Arousa en Transición
Ana Millán Dieste, presidenta da Asociación Arousa en Transición, tratou a experiencia do grupo promotor da Illa de Arousa para converterse na primeira iniciativa comunitaria en Galicia.
Cooperativa Enerxética Cidadá de Arteixo Sociedade Cooperativa Galega
José Manuel Álvarez Campana, presidente da empresa pública Sumarte, do Concello de Arteixo, presenta a iniciativa da Cooperativa Enerxética Cidadá de Arteixo, unha iniciativa que nace da colaboración entre Ekiluz, do grupo REPSOL e o Concello de Arteixo co obxectivo de impulsar a implantación dunha comunidade enerxética local na que se poida beneficiar a cidadanía do concello.
Transición enerxética na Terra Chá. O caso da comunidade enerxética de Begonte
José Ulla, alcalde de Begonte, acompañado de Miguel Angel Zamorano, de Masinteligencia SL, compartiron o desenvolvemento enerxético renovable nun concello rural e sinalando as dificultades técnicas, administrativas e ambientais para levalo a cabo.