Documento de Traballo sobre a dinámica histórica da eólica en Galicia
8 Marzo, 2022
Autor: OEGA
0 Comentarios
Publicado como Documento de Traballo do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo (Working Paper 21/05. November 2021), o texto é de coautoría de dous investigadores vinculados co OEGA: a Dra. María Monteiro, profesora do Departamento de Fundamentos da Análise Económica, e o Dr. Xavier Simón, investigador do Departamento de Economía Aplicada, os dous da Universidade de Vigo. Seu título é Desenvolvemento Eólico en Galicia: 1995-2021 Reflexións inacabadas a partir da planificación territorial e dos cambios normativos posteriores.
Este traballo realiza un revisión do marco normativo que explica a planificación territorial e enerxética da enerxía eólica en Galicia, tentando achegar unha nova perspectiva sobre o estado actual do sector despois de 25 aos de desenvolvemento. Este exercicio intelectual é novidoso no ámbito galego e, se cadra, cun elevado valor social por ser útil para tentar comprender a dinámica de oposición que existe actualmente en Galicia á expansión da enerxía eólica.
Facendo unha revisión sistemática da lexislación enerxética e acudindo ás principais fontes de información cuantitativa sobre a enerxía eólica, o traballo realiza unha sistematización temporal da evolución eólica, usando como nexo condutor e aglutinador o impacto socioeconómico desta fonte renovable. O traballo tamén realiza unha reflexión sobre o estado actual do marco normativo galego, chamando a atención sobre algunhas das súas principais eivas que permiten afirmar que o propio sistema estaría globalmente en risco.
Se tes interese, podes descargar o documento desde este enlace.