Os venres ao vento: Seminario Internacional para a análise do sistema enerxético
2 Outubro, 2020
Autor: OEGA
0 Comentarios
Co apoio da Fundación Juana de Vega e a Fundación Isla Couto, os principais impulsores do Observatorio Eólico de Galicia, tense deseñado este Seminario Internacional por un Sistema Enerxético Sustentable e Equitativo.
É gratuíto e será online. Celebrarase nas tardes dos venres, comezando o día 30 de outubro, en horario de tarde. Iranse anunciando as persoas e colectivos que forman parte das mesas que reuniremos cada venres entre o 30 de outubro e o 11 de decembro.
Está organizado polo OEGA pero contamos coa colaboración da Escola Superior Agraria de Viana do Castelo e con Amigos de la Tierra. Contaremos con expertos internacionais no ámbito das enerxías renovábeis, con organizacións empresarias, con autoridades municipais, con xestores do medio rural, con innovadores que tratan de transformar o sistema enerxético e con movementos sociais que loitan por democratizar a transición enerxética.
Trataremos casos no norte de Europa (Dinamarca), en América Latina (México), Portugal, Galiza e outras comunidades autónomas no Estado español.
É necesaria a inscrición usando este enlace para español e este para galego