Repotenciamento do Parque Eólico de Corme, en Ponteceso
12 Novembro, 2019
Autor: OEGA
0 Comentarios
Hai uns días tense publicado no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación do parque eólico Corme G-3), sito no concello de Ponteceso (A Coruña) e promovido por EDP Renovables España, S.L.U.
Os dados básicos do parque eólico repotenciado autorizado son os seguintes: Denominación: parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación do parque eólico Corme G-3)
Antecedentes lexislativos: Este parque eólico conseguiu a posta en servizo das instalacións no ano 2000. A instalación contaba cunha potencia instalada de 18,30 MW, con 61 aeroxeradores de 300 kW de potencia unitaria.
No ano 2017 Desarrollos Eólicos Corme, S.A.U. solicitou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da repotenciación do parque eólico Corme G-3, segundo o xa derrogado Decreto 138/2010.
No Diario Oficial de Galicia do 5 de abril de 2018 someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do parque eólico.
Área de Desenvolvemento Eólico: ÁREA DE INVESTIGACIÓN G3/G16 Localización xeográfica: Concello de Ponteceso (A Coruña). Promotor: EDP Renovables España, S.L.U Potencia total do parque eólico: 18,30 MW. Número de aeroxeradores e características: 7 aeroxeradores cunha potencia unitaria de 2.625 kW limitada a 2.550 kW. Propietarios dos terreos afectados: Na Relación de propietarios, bens e dereitos afectados que aparece na información pública do ano 2018 os terreos afectados son case na súa totalidade de carácter privado, existindo algunha parcela propiedade do concello de Ponteceso.
Produción media anual neta estimada: 77.300 MWh/ano. Segundo a información do DOG, as horas anuais equivalentes deste parque eólico serían 4.212 horas. Deste xeito, a nova instalación converteríase nun dos parques eólicos máis produtivos de Galicia. Segundo o consumo medio por fogar anual (REE), o parque eólico subministraría electricidade para máis de 23.600 fogares. Orzamento de execución material: O total é de case 18 millóns de euros. O investimento por MW é de case 980.000 euros. Ligazón á autorización do parque eólico: