No mes de abril de 2019 tense publicado no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Miñón, sito no concello de Vimianzo e promovido por Greenalia Power, S.L.U.
Os dados básicos do parque eólico autorizado son os seguintes:
Denominación: parque eólico Miñón
Antecedentes lexislativos: Este parque eólico foi sometido a información pública mediante o ACORDO do 9 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Miñón, no concello de Vimianzo (A Coruña).
En outubro de 2018 déuselle publicidade á declaración de impacto ambiental do proxecto mediante o ANUNCIO do 10 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Miñón, no concello de Vimianzo (A Coruña).
Localización xeográfica: Vimianzo (A Coruña).
Promotor: Greenalia Power, S.L.U.
Potencia total do parque eólico: 22,98 MW.
Número de aeroxeradores e características: 6 aeroxeradores modelo GE-130, ou similar, cunha altura ata a buxa de 114 m e un diámetro de rotor de 130 m.
Propietarios dos terreos afectados: Na Relación de propietarios, bens e dereitos afectados que aparece na información pública os terreos afectados son de propietarios privados, aparecendo 334 predios.
Produción media anual neta estimada: 107,77 GWh/ano. Segundo o consumo medio por fogar anual (REE), o parque eólico subministraría electricidade para máis de 32.000 fogares.
Orzamento de execución material: O total é de 21.153.176,43 euros. O investimento por MW é de 920.500 euros