O Observatorio Eólico de Galicia (OEGA) é unha ferramenta de investigación, información, asesoramento e consulta para todas as persoas, empresas e colectivos interesados na enerxía eólica de Galicia. O OEGA naceu da colaboración entre a Fundación Juana de Vega, a Fundación Isla Couto e a Universidade de Vigo. Desde xuño de 2023, a Fundación Paideia Galiza forma parte do padroado do Observatorio. Esta decisión plasmouse nun Convenio asinado por Manuel Joaquín Reigosa Roger, reitor da Universidade de Vigo; Manuel Meixide, presidente da Fundación Isla Couto; Enrique Sáez, presidente da Fundación Juana de Vega e Sandra Ortega Mera, presidenta da Fundación Paideia Galiza.
O Observatorio, liderado polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia, ten por obxecto realizar investigacións sobre o sector eólico en Galicia co gallo transferir coñecemento entre os axentes participantes, ademais de favorecer a transparencia dos procesos de ocupación de terreos destinados a parques eólicos e identificar e amosar os impactos que a enerxía eólica xera no mundo rural.
As portas do OEGA están abertas para as túas consultas, preguntas ou dúbidas que poderás realizar a través do formulario de contacto.