A implantación de enerxía eólica supón impactos económicos a nivel local. Un dos principais consiste nas rendas percibidas polos propietarios dos terreos ocupados polos parques eólicos. No presente apartado ponse a disposición do público interesado diversa información cualitativa e cuantitativa sobre os procesos de negociación entre propietarios de terreos eólicos e promotores. Por outra banda, tamén podes descargar a Guía para os propietarios de terras con potencial eólico na que aparecen recollidas as principais informacións de interese e consellos sobre os procesos de ocupación de terreos para pór en marcha novos parques eólicos. O Observatorio Eólico de Galicia pretende, co apoio da Fundación Isla Couto e a Fundación Juana de Vega, ser un instrumento útil para mellorar as rendas que fican no mundo rural a partir dos parques eólicos.
O desenvolvemento eólico require do acceso aos terreos necesarios para poder realizar a actividade de produción enerxética. O marco regulador existente favorece que as empresas promotoras poidan ocupar os terreos establecendo varias opcións que practicamente garanten o acceso aos mesmos.
O mecanismo de acceso empregado determinará tamén as posibilidades de obtención de rendas para os propietarios rurais. Así, os pagamentos aos propietarios dos terreos con aptitudes eólicas son o resultado da aplicación de algún dos mecanismos de acceso establecidos na normativa reguladora. O uso deses mecanismos está limitado legalmente dependendo da clase de propiedade, privada individual ou privada colectiva, e a súa escolla vai ser un elemento que condiciona os resultados económicos finais, entendidos como fluxos de rendas xerados para os propietarios rurais.
As opcións posibles de acceso aos terreos con aptitudes eólicas necesarios para desenvolver un proxecto eólico por parte das empresas promotoras eólicas son basicamente tres:
A adquisición dos terreos por parte dos promotores eólicos só pode ser exercida sobre terreos de natureza privada individual, ficando excluída como opción para ocupar os montes privados-colectivos pertencentes ás Comunidades de Montes Veciñais en Man Común pois, como se sabe, estes bens son inalienables. Polo tanto, as compravendas só poden ser realizadas polos propietarios privados individuais, posto que as CMVMC non poden ter acceso a esta opción, namentres que as outras dúas opcións para a adquisición das terras por parte dos promotores eólicos son válidas para todas as formas de propiedade: a privada, a comunal privada-colectiva e a pública.
Nos contratos de alugueiro asinados entre propietarios de terreos e empresas promotoras de parques eólicas se teñen identificado varias posibilidades, concretamente as tres seguintes:
Cada unha as modalidades existentes ten as súas condicionantes específicas. Tamén é preciso ter en conta que, en ocasións, as modalidades apareceren mesturadas nun mesmo contrato.
Nesta clase de pagamento os propietarios dos terreos perciben unha porcentaxe da facturación da instalación eólica previamente determinada nos acordos contractuais. O pagamento mediante unha porcentaxe da facturación ou dos ingresos brutos dos parques eólicos supón maior vulnerabilidade para o propietario dos terreos en relación ás condicións de mercado. Verase beneficiado no caso de que a facturación se incremente e perxudicado no caso de que diminúa: o propietario participa do bo facer ou non da empresa asumindo un certo risco do mercado, moi evidente nos momentos actuais de retraemento da demanda. Así, o propietario dos terreos percibirá a cantidade dos ingresos brutos que se obteñan pola venda da enerxía producida polos aeroxeradores instalados no terreo. Esta opción resulta de moito interese para os propietarios que poden solucionar a posible vulnerabilidade a partir do establecemento dun pagamento mínimo nesta modalidade de retribución por porcentaxe da facturación, xa que existe a posibilidade de que os aeroxeradores se avaríen debido a múltiples variables, polo que non producirían durante algún tempo e polo tanto a facturación bruta se vería tamén reducida.
Nesta modalidade para os parques que están actualmente en funcionamento os casos coñecidos amosan que os propietarios dos terreos perciben unha porcentaxe da facturación que en xeral comeza no 1,5% os primeiros dez anos e sitúase no 4% os seguintes anos de duración do contrato.
Esta modalidade de pagamento está baseada na ocupación dos terreos que se orixina a partir do proxecto do parque eólico. Nun proceso de ocupación dun parque eólico van existir diferentes clases de ocupación, pleno dominio e servidume, e dentro delas diferentes categorías (viais, zapatas, servidume de voo, subestación, etc). Polo tanto o promotor vaille pagar ao propietario en función da superficie ocupada. Nesta modalidade de pagamento existen, no caso galego, dúas alternativas:
Nos casos coñecidos de parques eólicos en funcionamento o pagamento anual unitario por unidade de superficie afectada para todo tipo de superficie se move entre un mínimo de 0,03 €/m2 e un máximo de 0,61 €/m2; por outra parte os pagamentos que diferencian a contía anual segundo a intensidade da ocupación van desde os 8,73 €/m2 polo pleno dominio de superficie de aeroxeradores até os 0,003 €/m2 de servidume por gabias e cableado.
Tradicionalmente foi a modalidade máis utilizada á hora de chegar a acordos entre propietarios de terreos e promotores eólicos consiste no establecemento dun canon anual en función da potencia instalada. Esta modalidade de pagamento para o acceso aos terreos a retribución vai estar condicionada directamente polo número de aeroxeradores e a potencia unitaria dos mesmos que se atopen no terreo do propietario. A meirande parte dos promotores eólicos nos parques eólicos que están en funcionamento no territorio galego empregaron este xeito de pago. Os pagamentos poden variar moito dependendo do promotor, o ano, o lugar xeográfico etc. As contías a percibir polos propietarios en función da potencia instalada aparecen reflectidas nos contratos de dúas maneiras: por aeroxerador ou por potencia (euros por MW).
Nesta clase de pagamentos por potencia nos Dereitos de Superficie analizados tense comprobado que se soe indicar que as prestacións económicas previstas nos contratos calcúlanse tomando como referencia a existencia de aeroxerador de potencia nominal determinada e indicada nos documentos, de tal maneira que, na hipótese de que o promotor substituíse o modelo de aeroxerador por outro da maior potencia unitaria as cantidade aumentarán na proporción correspondente.
Para os casos coñecidos de parques eólicos en funcionamento e levando esta modalidade a un pagamento unitario que permita comparar os contratos, os extremos sitúanse entre os 1.250 e os 7.500 €/MW.
O pagamento medio recibido nos alugueiros de terreos para parques eólicos en Galicia
As modalidades de pagamento para os propietarios de terreos eólicos nos alugueiros de parques eólicos coñecidos dan resultados moi diferentes para cada parque eólico concreto pero permiten coñecer as dinámicas medias existentes. Así, se levamos os pagamentos a unha unidade comparativa (euros/MW) e actualizamos as rendas conforme ás variacións do IPC, podemos estimar cal foi o pagamento medio percibido durante o desenvolvemento dos parques eólicos, tal e como aparece reflectido na seguinte figura.
Figura: Dinámica do pagamento medio anual recibido polos propietarios de terreos dos parques eólicos en Galicia (€/MW).
Os pagamentos medios teñen unha tendencia crecente a través do tempo: os 1.800 €/MW do ano 1999 convertéronse nunha media de máis de 3.000 €/MW no 2015. Esta tendencia á melloría nas contías anuais que perciben de media os propietarios.