As Oficinas de Transformación Comunitaria: o caso da Deputación de Pontevedra e do Concello de O Rosal
13 Xaneiro, 2025
Autor: OEGA
0 Comentarios
O evento sobre comunidades enerxéticas e iniciativas comunitarias, organizado polo Observatorio Eólico de Galicia, reuniu a actores clave do ecosistema enerxético galego en clave comunitaria na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo.
Unha das pezas clave son os representantes das oficinas de transformación comunitaria da Deputación de Pontevedra e do Concello do Rosal. Na súa intervención, subliñaron a importancia dun asesoramento personalizado, salientando que cada iniciativa enerxética require un enfoque específico adaptado ás singulares condicións sociais, económicas e ambientais do territorio.
En concreto, desde a OTC de Pontevedra presentouse o programa “+Renovables”, que se desenvolve ao longo do territorio da provincia, indicando que faltan servizos ao dispor da poboación para que se poidan aproveitar deste proceso de xeración de enerxía. No caso do Rosal, presentou a súa experiencia na transición enerxética grazas a diferentes proxectos no municipio.