Transición enerxética no Barbanza ou como definir a cidadanía enerxética
21 Outubro, 2024
Autor: OEGA
0 Comentarios
Somos parte do equipo de traballo vinculado co proxecto “Laboratorio Ecosocial do Barbanza: un laboratorio vivo para a xestión multifuncional e custodia colectiva do territorio”. O proxecto esta financiado pola Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) na “Convocatoria de subvencións para o apoio a proxectos transformadores para a promoción da bioeconomía ligada ao ámbito forestal e á contribución á transición ecolóxica”.
O Observatorio é responsable da Asesoría para a constitución de unha comunidade enerxética no ámbito territorial do concello de Rianxo. A semana pasada tivo lugar a primeira reunión dos actores locais. Estaban presentes cidadáns, comunidades de montes, empresarios e o propio concello de Rianxo. O contido desa reunión foi introdutorio ao concepto de cidadanía enerxética. Así mesmo, debatéronse os principais trazos da situación enerxética local e compartíronse as ideas básicas sobre o novo concepto de comunidades enerxéticas.
Todas as persoas presentes están aliñadas coa idea de avanzar na constitución dunha comunidade enerxética local que permita aos actores locais converterse en protagonistas da necesaria transición enerxética.