Aproveitamento multifuncional no rural galego: unha experiencia desenvolvida con M de muller
31 Xullo, 2024
Autor: OEGA
0 Comentarios
Como moitas aldeas galegas, Antas, no Concello de A Lama, era un territorio inzado de vida agraria e rural: durante décadas existiu unha cabana gandeira de vacún que producía carne e leite. Alí chegaban camións cisterna de varias emrpesas pra recoller o leite producido maioritariamente de forma extensiva, en grandes pasteiros de tradición ancestral.
Ese pasado desapareceu demasiado rápido. Cando a última familia con cabana gandeira ía pechar saltaron todas as alarmas e comezou a nova historia de Antas. As fillas desta aldea que foran as primeiras en ir á Universidade decidiron dar un paso adiante. Tomaron o control da Comunidade de Montes, sentiron a ameza dos incendios forestais, padeceron as liortas polos lindes comunais e decidiron cambiar a historia da súa parroquia. Compraron a manada de vacas daquela última familia que abondaba a gandería e fixérona comunitaria. Puxeron en marcha un banco de terras local o que lles permitiu xerar unha parcela comunitaria para paceren as vacas. Esa iniciativa mantense a día de hoxe pero agora xestionada por unha familia nova que usa a parcela comunitaria.
A raíz dos incendios de 2007, decidiron vender todo o eucalipto que existía no monte comunal e iniciar un proceso de repoboación con piñeiro pináster. Acordaron apostar por un acordo coa empresa FINSA para producir madeira de calidade e darlle sustentabilidade financeira ao monte. Séntense orgullosas do que teñen conseguido.
A CMVMC de Antas ten 92 comuneiros dos que 72 son mulleres. Coméntanos que elas teñen sempre a mesma forma de negociar: se algunha empresa quere facer algún investimento na aldea, os beneficios e os traballos xerados deben ser para a propia comunidade de Antes. Coméntanos Eru XLouro, presidenta da CMVMC, que ata agora isto sempre lles funcionou. E dinos ”….. se non lles gusta traballar así, que busquen outra comunidade. En Antas non os queremos”. Esta filosofía é a que aplican co acordo asinado con FINSA onde, ademais, están a conseguir que diversos traballos de xestión forestal sexan realizados con persoal da Fundación Juan XXIII, o que lles permite dar entrada en formación dual a persas en situación de vulnerabilidade psicosocial. Finalmente, Eru XXXX resalta que a madeireira FINSA “só ten dereito (compartido) sobre as árbores non sobre o terreo e o CO2. Isto témolo reservado para a propia CMVMC de Antas”.
Sen embargo, o seu proxecto comunitario veno ameazdos por varios parques eólicos. Un deles é o parque eólico Monte Peón. A empresa promotora pretende construír ese parque con aeroxeradores moi cerca dos núcleos habitados, rompendo o equilibrio paisaxístico e ameazando os recurso básico de Antas: o monte, a auga e a biodiversidade. Están tan certas desta ameaza que usan recursos humanos e económicos da aldea para xudicializar este parque eólico. Nestes momentos conseguiron a súa paralización cautelar. Comenta Eru Louro que “non entendemos como a Xunta de Galicia permite que pasen estas cousas. Non é concibible que a cidadanía, como a veciñanza de Antas, teñas que gastar os seus recursos para defenderse dunha multinacional que chega ao noso monte para instalar unha industria sen ter falado antes connosco. Nós estamos abertos ao moderno, queremos avanzar, cremos nun futuro diferente, pero a Xunta de Galicia debería estar ao noso lado, ao lado dos que cremos no futuro do rural coas casas cheas de persoa que queren vivir e ser felices nese medio, e non só ao lado das empresas multinacionais.”
A nosa visita a Antas, da que participaron dous investigadores hindús, Poonam Pandey e Aviram Sharma, do Laboratorio doe Innovación para o Postcrecemento da Universidade de Vigo, finalizou cun recoñecemento in situ das riqueza culturais, ambientais e sociais desta pequena aldea do Concello de A Lama.