O desenvolvemento de comunidades enerxéticas. A acción municipal como motor da transición enerxética
23 Decembro, 2023
Autor: OEGA
0 Comentarios
A xornada Comunidades Enerxéticas no mundo rural: retos, oportunidades e realidades. Formando a formadores e decisores, celebrada o pasado 23 de novembro de 2023 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias da UVIGO estivo organizada polo Observatorio Eólico de Galicia (OEGA).
O OEGA é unha ferramenta de investigación, información, asesoramento e consulta para todas as persoas, empresas e colectivos interesados na enerxía eólica de Galicia que naceu da colaboración entre a Fundación Isla Couto, a Fundación Juana de Vega, a Fundación Paideia Galiza, a e a Universidade de Vigo. Esta alianza público-privada é indispensable para formar tratar de cooperar no camiño de facer partícipes aos colectivos rurais dos procesos de transición enerxética.
Esta xornada formou parte do programa de actividades do proxecto EC4RURAL, un proxecto LIFE que comezou en setembro de 2023 financiado con 1,6 millóns de euros. Liderado pola Universidade de Vigo, conta con dez socios entre España, Estonia e Bélxica, e xuntos impulsarán á transición cara as enerxías limpas nas zonas rurais europeas a través das Comunidades Enerxéticas en 34 concellos (22 galegos e 12 estonianos) ata agosto de 2027.
A actividade contou coa participación de máis de 70 persoas e colectivos de ámbitos tan diversos como as administracións locais, os grupos de desenvolvemento rural, as comunidades de montes, as pequenas distribuidoras de enerxía, asociacións de consumidoras, profesionais das empresa enerxética etc.
Vídeos dipoñibles. O desenvolvemento de comunidades enerxéticas. A acción municipal como motor da transición enerxética.
Comunidades enerxéticas con propósito… para unha transición xusta
Juan Carlos Sacristán Antoni, presidente de Sapiens Energía, preséntanos a Sapiens Energía como unha sociedade cooperativa de consumidores e usuarios, e de traballo asociado. A súa visión caracterízase por estar localizada no ámbito local cunha entidade xurídica de 50 qm, cunha visión a longo prazo do autoconsumo colectivo e cun especial énfase na participación social con entidades xurídicas con capacidade de decisión autoxestionadas.
Nicolau Josep Claramunt Ruiz, alcalde de Albalat dels Sorells, presentounos o desenvolvemento da iniciativa comunitaria nun municipio de 4.100 habitantes. Baseados na proposta do concello de Rubí, comezaron a súa andadura caracterizándose por promover a redución das emisións. A súa filosofía é reducir o consumo enerxético, xerar un aforro económico e investir ese aforro para seguir mellorando.
Álvaro Ferrero Ferrer, alcalde de Portell de Morella, mostrou o caso dun concello pequeno do rural, de 178 persoas, compatibilizando o desenvolvemento comunitario poñendo o foco na solidariedade e na sostibilidade con accións medioambientais.