A raíz da noticia de que capital público noruegués pretende levar adiante tres novos megaparques eólicos nas montañas ourensás e leonesas e da reactivación dos parques eólicos na Serra da Groba e no Galiñeiro, numerosos colectivos ambientalistas e movementos sociais sumáronse ás iniciativas da Comarca de Ordes para tratar de frear esta nova onda expansiva da enerxía eólica.
Numerosos destes movementos iniciaron campañas a través das redes, para recompilar apoios, principalmente a través da plataforma change.org. Entre elas: Apoio a Manifesto Aldeas Con Horizonte, apoio a movemento contra o parque eólico Felga, Petición polo Courel libre de eólicos, petición da organización SOS Groba;
Tamén compre mencionar un conxunto de manifestos de diversas organizacións: Manifesto Aldeas con Horizonte, Manifesto ALIENTE pola biodiversidade, Manifesto Salvemos Trevinca e Manifesto IEM PE Groba.
OEGA sempre mantivo que a transición enerxético, e a ecolóxica na que aquela debe inserirse, require contemplar obxectivos diversos, non só o incremento da potencia renovable instalada, e actores diferentes, non só os mesmos actores que conduciron aos problemas ambientais que se queren resolver coa transición enerxética. Neste sentido, desde o Observatorio defendemos as seguintes medidas:
Estas medidas, e moitas outras, son necesarias para que o novo modelos enerxético, económico e ecolóxico, sexa inclusivo e sustentable, e dea resposta ás necesidades sociais da nosa e de todas as xeracións que virán tras esta na que estamos a vivir.