Enerxía comunitaria: cambiar a enerxía para que non cambie o clima
17 Setembro, 2019
Autor: OEGA
0 Comentarios
O Observatorio Eólico de Galicia participou no evento organizado por Greenpeace en Vilagarcía, aproveitando a visita do Rainbow Warrior a esa vila costeira durante a campaña “En marcha polo clima”. A organización ecoloxista organizou una Mesa Redonda de Presentación de Alternativas de Enerxía Cidadá Contra o Cambio Climático. Nesa mesa presentáronse iniciativas con moito interese para a transición enerxética que tiñan un elemento en común: a cidadanía era a protagonista. Catro tipos de iniciativas foron presentadas: grupos de cidadáns que producen enerxía para autoconsumo, compravenda directa de electricidade verde entre cidadáns e pequenas instalacións de enerxías renovábeis sen que existan intermediarios, que financian a produción de enerxía renovábel e, finalmente, xestión da demanda distribuída, isto é grupos de cidadáns que deciden cambiar o momento do seu consumo para incidir na necesidade de usar as centrais convencionais.
Ó longo da mañá participaron diversas experiencias. Entre elas cómpre mencionar as seguintes. NOSAENERXÍA, un exemplo de comunidade enerxética que compra en colectivo enerxía renovables. Arredor de 600 participantes fan parte desta iniciativa. COOPERNICO, unha cooperativa de produción enerxética renovable. Está formada por 20 mulleres. ENERGETICACOOP, unha cooperativa valisoletana de produción e autoconsumo de enerxía eléctrica renovable.
Durante a xornada da tarde, desenvolveuse o Café de innovación enerxética cidadá centrado na muller, na pobreza enerxética e nas cidades. Os participantes estivemos a construír discursos que permitan cambiar a enerxía para que o clima non cambie…tan aceleradamente. Coa idea de democratizar a enerxía deseñamos estratexias arredor do futuro desexable, definimos os pasos para alcanzar eses futuro incidindo nos cambios que se deben producir na actualidade no comportamento da cidadanía. Así mesmo reflexionamos sobre os principais retos ós que se enfronta a cidadanía nese proceso de cambio, de transición desde o modelo enerxético fósil ata o modelo renovable.
A campaña que desenvolve Greenpeace a escala global pode ser seguida na súa web: https://es.greenpeace.org/es/en-profundidad/cambia-la-energia-no-el-clima/