Xa dispoñibles os vídeos do Encontro de Entidades Comunitarias pola Transición Enerxética
15 Xullo, 2026
Autor: OEGA
0 Comentarios
O pasado 29 de maio celebrouse no Campus de Vigo (Salón de Graos, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais) o Encontro de Entidades Comunitarias que traballan e impulsan a Transición Enerxética Comunitaria, unha xornada técnica e participativa impulsada polo Observatorio Eólico de Galicia (OEGA), o proxecto Life EC4Rural, a spin-off da UVigo Enerxía Comunitaria, o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) e o Observatorio dos Montes en Man Común e Baldíos.
A xornada reuniu a comunidades de montes veciñais en man común, asociacións, cooperativas, persoal investigador, administracións e profesionais do sector enerxético, cun obxectivo común: impulsar a transición enerxética desde o rural de Galicia.
Xa está dispoñible en aberto todo o contido audiovisual do encontro, organizado en varios bloques temáticos:
Experiencias comunitarias de transición enerxética, con casos de Cataluña (Eolpop) e Alemaña (Energieland2050), ademais da presentación de Enerxía Comunitaria SL
O papel das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común na transición enerxética, con intervencións xurídicas sobre a materia
Proxectos comunitarios de transición enerxética, con experiencias concretas coma Tameiga, Puga, Cabeiras e Nosa Enerxía SCG
CMVMC xestionando CO2. Proxectos propios para a transición enerxética, con intervencións de Tenza Consultores e da Comunidade de Montes de Vincios (Gondomar)
Participación pública e comunitaria na transición enerxética
O sector privado impulsando a transición enerxética, coas fundacións Juana de Vega e Isla Couto
Repotenciamento de parques eólicos: unha oportunidade para as CMVMC?.
Posta en común para a conformación dunha Rede de Entidades Comunitarias pola Transición Enerxética, como peche e proxección de futuro do encontro