Axendas e iniciativas innovadoras en Economía Verde
26 Novembro, 2025
Autor: OEGA
0 Comentarios
Organizado por a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), o OEGA participou no Seminario sobre axendas e iniciativas innovadoras en economía verde. A idea principal do evento foi pór en común iniciativas innovadoras que amosen como construír redes aceleradoras da economía social. A intervención do OEGA versou sobre os procesos de constitución de entidades colectivas de transición enerxética.
Por unha banda, presentáronse os distintos proxectos que actores locais en concellos rurais están a desenvolver, co apoio da Universidade de Vigo. Por outra banda, compartíronse os trazos fundamentais de Enerxía Comunitaria, S.L., a iniciativa empresarial innovadora que se impulsa desde o OEGA co obxectivo de desenvolver o primeiro parque eólico comunitario de Galicia.