O Observatorio Eólico de Galicia foi parte da organización do evento colaborando coa Rede. Así mesmo, Xavier Simón, coordinador do OEGA, achegou directamente argumentos a prol do fomento das renovábeis no territorio. De forma específica, Simón resaltou que “o modelo dominante de transición enerxética carece dunha base social que nos permita caracterizalo como xusto e equitativo. Non debemos conformarnos con facer verde o modelo enerxético, é necesario abrilo á participación social, tanto no ámbito procedimental como no distributivo”.