Durante varios meses, o sindicato Comisións Obreras, por medio da Fundación Primero de Mayo, desenvolveu un traballo de investigación sobre o estado do desenvolvemento da enerxía eólica en Galicia. O Observatorio Eólico de Galicia foi unha das entidades participantes no diálogo social que abriu a Fundación. En diversas xornadas desenvolvidas ao longo de varios meses nas principais cidade de Galicia, axentes institucionais, empresarias, sociais, profesionais e académicos debateron sobre os diferentes aspectos vinculados co desenvolvemento eólico para realizar unha diagnose da súa situación e poder propoñer cambios na súa gobernanza que permitan facer compatible a produción de enerxía verde cos dereitos das traballadoras, coa conservación ambiental e coa participación xusta das comunidades locais.
A participación do Observatorio Eólico centrouse só no ámbito da eólica terrestre, aproveitando a bagaxe de coñecemento e experiencia acumulada nos últimos anos.