Guía fiscal para propietarios/as de terras eólicas
4 Febreiro, 2021
Autor: OEGA
0 Comentarios
O Observatorio vén de editar un libro sobre a fiscalidadeá que se enfrontan os propietarios de terras eólicas que asinan un contrato con unha empresa promotora. O libro, titulado “Consideracións fiscais nos contratos entre propietarios e empresas promotoras de parques eólicos”, é obra de José Carlos Álvarez Villamarín, Alberto Gago Rodríguez e Xosé Manuel González Martínez, profesores do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e membros do Grupo de Investigación Rede.
O seu contido ten como obxectivo abordar o tratamento fiscal das rendas derivadas dos contratos (sexan de arrendamento ou de cesión do dereito de superficie) de fincas rústicas a empresas interesadas na explotación eólica.
O alcance do libro abrangue o estudo da Imposición Directa (IRPF para as Persoas Físicas e Imposto de Sociedades para las entidades de propiedade comunal) e da Imposición Indirecta (común para todo tipo de propietarios). O libro esta escrito para proporcionar un conxunto de información, simplificada, precisa e comprensible para que os propietarios de fincas coñezan as obrigas fiscais asociadas ós contratos que asinen para a instalación de parques eólicos.
O libro é de acceso gratuíto e libre neste enlace.