Venres ao Vento, 30 de outubro. Para unha transición enerxética transformadora
7 Outubro, 2020
Autor: OEGA
0 Comentarios
Dentro do Seminario Internacional por un Sistema Enerxético Sustentable e Equitativo, o vindeiro venres 30 de outubro terá lugar a primeira sesión virtual. A temática será como conseguir que a transición enerxética sexa realmente transformadora. Iso significa que non podemos conformarnos con producir electricidade verde, de baixas emisións de CO2. É necesario que ocorra xerando cambios no reparto dos beneficios producidos, tanto entre actores como entre territorios, e incluso entre diferentes xeracións. Estas serán las ideas sobre as que se dialogará nesta primeira sesión do Seminario. Onde haberá un espazo aberto para a participación e diálogo entre todos e todas.
Participará o Dr. Jacobo Ramírez, profesor mexicano que desenvolve as súas tarefas profesionais no Department of Management, Society and Communication, da Copenhagen Business School (CBS), en Dinamarca. O Profesor Ramírez é un recoñecido investigador da estrutura de todo tipo de organizacións, sobre todo en contextos de fraxilidade estrutural e complexidade organizativa. Nos últimos anos ten dirixido a súa actividade ao ámbito das enerxías renovábeis, analizando o éxito (e fracaso) da gobernanza enerxética en países como México, Colombia e Dinamarca.
Cristina Alonso, responsábel da Área Xustiza Climática, de Amigos de la Tierra, tamén será parte do panel. A súa comunicación incidirá nos principais impulsores que impulsan as campañas internacionais que loitan para a transformación do sistema enerxético como unha forma de enfrontar o cambio climático. Iso require respostas democráticas a cuestións fundamentais, como a seguinte. Para quen e que enerxía está a ser producida? A soberanía enerxética é un tema clave, permitindo que as comunidades enerxéticas elixan que fontes enerxéticas sustentables empregar e desenvolvan modelos de consumo responsábel para xerar sociedades sustentábeis.
Ademais, participará o responsábel do Observatorio Eólico de Galicia, o profesor da Universidade de Vigo, Xavier Simón. O Dr. Simón, xunto co grupo de Economía Ecolóxica da UVIGO, son un referente na análise das políticas de impulso das renovábeis en Galiza e do seu impacto social e económico no medio rural.
Se queres ser parte deste Seminario, que se desenvolverá online, debes rexistrarte. Para iso podes usar estes enlaces, para facelo en español, ou en galego.